Sober acolle este martes unha nova sesión do Círculo de Benestar

Sober acollerá este martes unha nova sesión do Círculo de Benestar baixo o título “Claves para o autocoidado”, un encontro dirixido ás mulleres que terá lugar na Casa da Cultura ás 19.30 horas.
A actividade forma parte dun ciclo de encontros centrado no benestar e no coidado persoal, e nesta ocasión alcanza a súa terceira sesión. Baixo o título “Potencia do Vínculo”, a charla abordará a importancia da sororidade como recurso de apoio entre mulleres, co obxectivo de impulsar a capacidade de sostemento recíproco.
Esta proposta busca ofrecer un espazo de reflexión e acompañamento no que as participantes poidan compartir experiencias e fortalecer os vínculos, incidindo no valor das relacións de apoio mutuo como ferramenta para o benestar persoal.