Seoane do Courel celebrará as festas de San Xoán 2026 do 19 ao 21 de xuño

RibeiraSacraXa
Música, tradición e actos relixiosos encherán a vila durante tres días
festas-san-xoan-o-courel
7 Jun 2026

Seoane do Caurel acollerá entre os días 19 e 21 de xuño de 2026 as festas na honra de San Xoán, cun programa organizado pola Asociación San Xoán da Vila de Seoane do Courel que combina gastronomía popular, música en directo e celebracións relixiosas.

As festas comezarán o venres 19 de xuño ás 22:00 horas cunha comida popular dos veciños de Seoane, que contará coa actuación da solista Aixa Romay no Chao de Zapateiro, marcando o inicio do ambiente festivo na localidade.

O sábado será o día grande da celebración, dedicado a San Xoán Bautista. A xornada comezará ás 09:00 horas con un pasarrúas tradicional por Seoane dende A Ferrería, acompañado pola banda de música EGS, que animará as rúas coa súa actuación.

Ás 14:00 horas terá lugar a misa na igrexa parroquial, un dos actos centrais da festividade. Pola noite, ás 20:30 horas, a música continuará no campo da feira coa actuación da banda Mariachi Galicia. A festa prolongarase ata a madrugada coa actuación de Aixa Romay ás 00:00 horas, tamén no campo da feira.

O último día das festas estará dedicado a San Antonio de Padua. Con este motivo, ás 13:30 horas celebrarase unha misa na igrexa parroquial, seguida de procesión e acompañamento musical.

0.11871290206909