Segredos de Pantón propón establecer puntos de lixo e paneis informativos na ruta cara á fervenza de Augacaída

RibeiraSacraXa

A Asociación Segredos de Pantón enviou un escrito ao Concello de Pantón informando sobre un gran número de lixo no tramos de camiños que baixan e soben á fervenza de Augacaída.

lixo panton 2
lixo panton 2
25 oct 2023

A Asociación Segredos de Pantón enviou un escrito ao Concello de Pantón informando sobre un gran número de lixo no tramos de camiños que baixan e soben á fervenza de Augacaída.

Así, explican que foi durante unha actividade que organizaron polas parroquias de Santo Estevo de Atán e a de Santiago de Vilar de Ortelle, dende o PR-G 162 ata a fervenza, o pasado día 12 de outubro cando observaron esta situación.

Por iso, desde o colectivo aseguran que sería necesario poñer un punto onde se poida tirar o lixo na ruta que vai cara a fervenza e tamén na propia fervenza; así como tamén "sería interesante poñer diferentes paneis informativos para dar a coñecer a cultura, tradicións, historias e lendas que se contan na nosa ribeira2, defenden.

Ademais, desde Segredos de Pantón mostráronse animados a axudar ao Concello con esta tarefa, propoñendo a información a incluír en ditos paneis informativos.