Seceda será o escenario dunha nova ruta de Coureleando para este domingo

RibeiraSacraXa
Coureleando organiza para este domingo, 14 de abril, unha ruta interpretada en Seceda do Courel, unha ruta circular de dificultade media, de arredor de 9 quilómetros con 300 metros de desnivel cara arriba e outros 300 en baixada.
Seceda Folgoso do Courel portada
Seceda Folgoso do Courel portada
12 Abr 2024

Coureleando organiza para este domingo, 14 de abril, unha ruta interpretada en Seceda do Courel, unha ruta circular de dificultade media, de arredor de 9 quilómetros con 300 metros de desnivel cara arriba e outros 300 en baixada.

Está indicada para persoas que estean habituadas a camiñar por terreo irregular e as participantes poderán desfrutar da interpretación da xeoloxía devónica da man de Guillermo Díaz, visitarán un xacemento de fósiles único no Courel, achegaranse ao acueducto da Ponte da Veiga e veranse albarizas tradicionais e modernas.

Por outra banda, desde Coureleando aconsellan ás persoas que participen que vaian con roupa e calzado de montaña, mochila con bebida e recomendan bastóns, crema de sol e repelente de insectos.

0.17816996574402