A Pobra de Trives celebra as festas de Santa Mariña de Pena Folenche esta fin de semana con música, verbena e tradición

RibeiraSacraXa
A programación inclúe actuacións musicais, unha verbena con orquestra e a tradicional procesión e misa en honra a Santa Mariña
festas-santa-maria-de-foleche
18 Jul 2026

A localidade de Pena Folenche, no municipio da Pobra de Trives, celebrará esta fin de semana as súas festas de Santa Mariña cunha programación que combinará música, tradición e actividades para todos os públicos.

Os actos comezarán este sábado 18 de xullo ás 20.00 horas co concerto do grupo El Patio de Leni. Xa pola noite, a partir das 22.00 horas, terá lugar a festa e verbena amenizada pola orquestra Dinastía, seguida da actuación do DJ Alex Prieto.

A programación continuará o domingo 19 de xullo coa parte máis tradicional das celebracións. Ás 13.00 horas terá lugar a procesión e misa en honra a Santa Mariña, acompañadas pola banda de gaitas Os Trinta.

Tras a celebración relixiosa, a xornada continuará cunha sesión vermú a cargo de As Macizas Centrais.

0.12467002868652