Sanidade amplía o horario da hostalaría e aforos en reunións

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
terrazas bares hostalaria
terrazas bares hostalaria
9 Xuño 2021

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a próxima semana haberá unha nova normativa integral actualizada que entrará en vigor entre o día 19 e o 26 de xuño sobre todas as actividades afectadas pola covid, como a hostalería, culturais, deportivas, parques acuáticos, etc..

Pero adiantou xa algunhas das novas medidas que entrarán en vigor este sábado e que pasan por eliminar a prohibición de reunións entre non conviventes a partir da unha da madrugada e ata as seis, aínda que se segue recomendando a prudencia.

Na hostalería poderán reunirse ata seis persoas por mesa en interiores, pero soben a quince as que se poden xuntar nas terrazas, á espera de que se suspendan definitivamente as restricións impostas polo Ministerio de Sanidade.

Ademais, amplíase o horario dos bares ata a unha da madrugada, co requisito de que garantan a calidade do aire. Tamén está previsto que abra o ocio nocturno pero a partir do 1 de xullo.

Por último, ampliaranse os aforos para as actividades ao aire libre de nenos e novos e as de campamentos e albergues de peregrinos.

A partir do sábado ningún concello queda en nivel extremo nin máximo, só quedan en nivel medio cinco municipios, Mos, Xove, Viveiro, Soutomaior e Oroso, que reprensentan o 1,5% da poboación española. Neles a hostalería mantén as restricións.

0.18249607086182