Ribas de Sil contará cun Centro de Interpretación do Río Sil

RibeiraSacraXa
O Xeoparque do Courel vén de asinar un convenio coa Deputación de Lugo para converter a antiga escola de Torbeo de Ribas de Sil Centro de Interpretación do Río Sil.
7 Jan 2023

O Xeoparque do Courel vén de asinar un convenio coa Deputación de Lugo para converter a antiga escola de Torbeo de Ribas de Sil Centro de Interpretación do Río Sil.

O presidente da asociación promotora, Roberto Castro, levou a cabo a firma do pacto coa entidade provincial, que achegará 25 mil euros para financiar a actuación no Xeoparque.

Nunha entrevista concendida a Onda Cero Monforte, o presidente dixo que "é curioso que nos 234 quilómetros que ten este río non teña un centro destas características por eso nos animamos para poñer en marcha esta iniciativa converténdoo nun recurso máis do Xeoparque".

0.14683604240417