Ribas de Sil celebra a XXII Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite con máis de 25 expositores

A XXII edición da Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite regresa este sábado a Ribas de Sil cunha programación contará coa participación de máis de 25 expositores e coa posta á venda de arredor de 2.000 quilos de cereixas, 250 litros de aceite e viños procedentes de sete adegas, ademais doutros produtos como mel, licores, queixos e artesanía.
O programa comezará o sábado coa apertura dos postos de venda e exposición na contorna da praia fluvial de San Clodio. O domingo continuará a actividade desde a mañá, con animación musical a cargo da charanga Street Band e do grupo de gaitas Aikirindo, así como unha mostra de pintura na aula de pesca.
Ao mediodía celebrarase a ofrenda floral do Corpus no adro da igrexa e, posteriormente, terá lugar o pregón da festa, que nesta edición correrá a cargo da subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López Rodríguez. A xornada pecharase pola tarde cunha última actuación musical da charanga Street Band.