Ribas de Sil acollerá a Feira de Oportunidades do Xeoparque do Courel

RibeiraSacraXa
Ribas de Sil acollerá a Feira de Oportunidades do Xeoparque do Courel os días 11 e 12 de marzo durante a mañá e a tarde
Feira de oportunidades Xeoparque
Feira de oportunidades Xeoparque
4 mar 2023

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel organiza a primeira Feira de Oportunidades do Xeoparque.

Esta iniciativa, que terá lugar os días 11 e 12 de marzo, terá lugar no pavillón San Clodio de Ribas de Sil.

As persoas que asistan poderán atopar pequenos electrodomésticos, roupa e calzado, produtos de coidado persoal produtos típicos da zona, produtos de agricultura, de aetesanía e de xoiaría.

Ademais, haberá obradoiros de portamacetas, de 16.00 a 17.30 horas, cun custo de 2o euros; e de pendentes, de 18.00 a 19.30 horas, cun custo 16 euros.

O pavillón estará aberto sábado e domingo desde as 11.00 horas ata as 20.00 horas da tarde e ademais destas actividades, tamén haberá pintacaras para os máis pequenos.

Feira de oportunidades