Rematan os traballos de mellora da eficiencia enerxética no campo de fútbol dos Medos, na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
En concreto, substituíronse os focos do campo por luces LED, instaláronse bombas de calor e renovouse a cuberta dos locais
Campo de fútbol dos Medos, A Pobra do Brollón
Campo de fútbol dos Medos, A Pobra do Brollón
30 Nov 2024

O Concello da Pobra do Brollón vén de rematar os traballos de mellora da eficiencia enerxética no campo de fútbol dos Medos, financiados a través do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia.

Concretamente, substituíronse os focos do campo, de baixa eficiencia e tecnoloxía obsoleta, por outros de tecnoloxía LED de alta eficiencia e potencia adecuada para este espazo.

Ademais, instaláronse para os vestiarios dúas bombas de calor para producir auga quente sanitaria e substituír así os termos eléctricos de combustibles fósiles, que eran “enerxeticamente ineficientes e non cubrían as necesidades da infraestrutura”, segundo explican desde o Concello.

Ademais, renovouse a cuberta dos locais empregados polos deportistas e demais usuarios das instalacións, cambiando a chapa sen illamento por un sistema de cuberta con illamento, aumentando a eficiencia enerxética e o confort.

0.2200710773468