Ramiro Moure volve a presentarse ás eleccións como candidato do PP en Taboada

RibeiraSacraXa
Ramiro Moure volve a presentarse ás eleccións como candidato do PP en Taboada despois de ter gañado as anteriores con maioría absoluta
PP Taboada
PP Taboada
2 Mar 2023

O actual alcalde de Taboada, Ramiro Moure Ansoar, encabezará de novo a candidatura coa que os populares concorrerán nas vindeiras eleccións municipais do Concello.

O acto de presentación coincidiu coa inauguración da nova sede dos populares localizada na Avenida de Lugo, á que asistiron  membros da dirección provincial, alcaldes e voceiros da zona e afiliados e simpatizantes do partido, que arrouparon a Moure.

Desde a dirección provincial confían no traballo feito polo actual alcalde, que vén de lograr tres maiorías absolutas nas anteriores citas coas urnas.

O candidato popular e actual rexedor explica que, "desde o goberno local traballamos e seguiremos traballando para ofrecer servizos en todo o municipio".

Neste sentido, Moure amosa o seu compromiso por "continuar a desenvolver a rede de servizos aos veciños do municipio en materia de infraestruturas que procuran o benestar dos taboadeses" e cre que o asentamento do polígono industrial fomentaría o asentamento de empresas e axudaría a evitar o éxodo dos veciños e veciñas do municipio ás cidades.

0.18807601928711