Quiroga homenaxea á primeira muller empresaria cunha rúa chamada 'La Castellana'

RibeiraSacraXa
Quiroga homenaxea á primeira muller empresaria cunha rúa chamada 'La Castellana'
Rua La Castellana Quiroga
14 Mar 2023

O pasado 24 de febrero decidiuse na sesión plenaria que a rúa que vai por detrás do Auditorio Municipal ata a rúa praia chamárase 'La Castellana'.

O nome fai referencia á empresa de gaseosas que Gabriela González Álvarez (1921 – 2012) puxo en marcha en 1959, converténdose na primeira muller empresaria de Quiroga, polo que chegou a recibir un recoñecemento en Madrid.

Esta nova rúa foi inagurada polo Concello de Quiroga nun sinxelo acto ao que acudiu a súa familia e que respondeu ao interese dun grupo de veciños por recoñecer dun xeito especial a esta muller emprendedora adiantada ao seu tempo.

Unha das súas netas foi a encargada de descubrir a placa tras a presentación do acto enmarcado no mes da muller.

Gabriela González, primeira empresaria de Quiroga

Esta muller ademais formou parte moi activa da vida social de Quiroga, participando na constitución da Cruz Vermella Local, gran seguidora e membro durante moitos anos da directiva do equipo de fútbol Quiroga FC, socia nº 1 do Centro Social de Quiroga, integrante da Coral Polifónica e colaboradora da Igrexa Parroquial San Martiño levando a relación desta institución co concello.

O concelleiro de xuventude, Luis Manuel Arias, destacou, que foi “unha muller visionaria, que loitou polo feminismo”.

O concelleiro do BNG, José Manuel Fernández Montes, que tamén asistiu ao acto, recalcou que “esta muller emprendedora ten a honra que se merece, co nome da empresa que creou e co dela propio”.

Como remate do acto, un dos seus fillos, Manuel Vázquez, explicou de onde viña o nome de “La Castellana”, que era o nome polo que se coñecía á muller que veu de Castilla co seu bisavó cando este ía á sega a esta comunidade.

0.15485501289368