Quiroga acolleu unha xornada onde compartir vivencias da nenez relacionadas cos xogos

RibeiraSacraXa
Da man de Toño e o concelleiro Xosé Manuel Fernández, a charla desenvolveuse no marco do Faladoiro, que se celebrou no Centro Social de Quiroga
O-Faladoiro-Quiroga
26 sep 2024

A biblioteca do Centro Social de Quiroga recuperou o Faladoiro, un espazo aberto á veciñanza para a socialización, o coñecemento e a participación cidadá que se desenvolve na Biblioteca do Centro Social.

O convidado deste mes foi Antonio Fernández, na que o máis coñecido como Toño, acompañado polo concelleiro, Xosé Manuel Fernández Montes exercendo de moderador, contaban como se converte unha afección nun oficio e profesión.

Toño converteu hai anos a súa afección de neno de tallar madeira na súa actual profesión. Unha afección de cativo que o levou primeiro a construír xoguetes para os seus fillos e anos despois a crear a súa Tenda-Obradoiro en Quiroga e comercializar os seus xogos e xoguetes artesanais baixo a marca Enxógate.

E se de xogos e xoguetes se falaba foi inevitable recordar a época na que máis se desfrutou con eles, a nenez. A época dos xogos con amigos e veciños nas airas e nos prados das aldeas e tamén dos primeiros anos de colexio, nos que os participantes lembraron a época na que se unificaron as escolas unitarias das aldeas para centrar a ensinanza nas vilas como Quiroga.

0.17853307723999