Quiroga conta cunha aplicación para dar visibilidade aos recursos turísticos do municipio

RibeiraSacraXa

O Concello de Quiroga xa forma parte da aplicación Aldealista, unha aplicación que ten como obxectivo dar visibilidade aos recursos e atractivos turísticos dos municipios de menos de 5.

Quiroga en Aldealista
Quiroga en Aldealista
3 feb 2024

O Concello de Quiroga xa forma parte da aplicación Aldealista, unha aplicación que ten como obxectivo dar visibilidade aos recursos e atractivos turísticos dos municipios de menos de 5.000 habitantes, axudando a coñecer estes lugares e loitar contra o despoboamento.

Grazas a unha axuda económica da Deputación Provincial, Quiroga pode difundir todos os seus recursos na aplicación, que utiliza un algoritmo que lle recomenda aos usuarios os lugares máis acordes cos seus gustos persoais, coa intención de que atopen lugares dos que se poidan namorar.

Os visitantes poden acceder a moitas informacións sobre as aldeas de cada municipio, como as casas dispoñibles para vender ou alugar, os atractivos paisaxísticos e culturais, os servizos turísticos, as festas, a gastronomía... por iso está aberto a todas as persoas que queiran publicitar o seu negocio de xeito gratuíto.

O concelleiro de Turismo e Reto Demográfico, Vicente Parra, confirmou que se está traballando para realizar unha xuntanza coa asociación de empresarios e comerciantes para explicar o proceso para formar parte desta aplicación e resolver as dúbidas que poidan existir.