Quiroga celebra o Concerto de Nadal este sábado

RibeiraSacraXa
Quiroga celebra o Concerto de Nadal este sábado no marco das actividades de Nadal no Auditorio Municipal da localidade
Nadal Quiroga 2022
Nadal Quiroga 2022
16 Dec 2022

No marco das actividades de Nadal do Concello de Quiroga, este sábado ten lugar o Concerto de Nadal, un festival en que actuarán tres grupos musicais: Banda de Gaitas "San Martiño", Coral Polifónica de Quiroga e o alumnado de guitarra e piano.

O evento, que se celebrará no Auditorio Municipal ás 19.00 horas, tamén recollerá a entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal e do Certame de Poesía Nadal 2022.

No mesmo lugar, o domingo seguirán as actividades e poderase desfrutar dunha exhibición de baile moderno na que colabora a Anpa do CEIP de Quiroga.

Concerto Nadal Quirroga
0.17905497550964