Quiroga aproba os orzamentos para 2023

RibeiraSacraXa
Quiroga aproba os orzamentos para 2023 despois dun bo ano, segundo o alcalde, mentres que a oposición votou en contra
concello quiroga
19 Dec 2022

A oposición votou en contra destes presupostos

A Corporación municipal de Quiroga aproba os presupostos para o ano 2023 que ascenden a máis de 4,7 millóns de euros, case 400.000 máis que os do pasado ano.

O alcalde, Julio Álvarez, recalcou na presentación dos orzamentos, que se trata dun “ ano extraordinario grazas á política do Goberno Local, na que se incrementaron os ingresos a través do Capítulo III (taxas e prezos públicos) e tamén as transferencias de capital, é dicir, o diñeiro que se consegue a través de subvencións e axudas.

Pero o máis importante é que a pesar das importantes obras que se están facendo: o cemiterio, a nova praza, a apertura dunha rúa e a renovación da traída de auga, "conseguimos diminuír a carga financeira", defenden.

En canto ás inversións contempladas, aparece a rexeneración de accesos a Pacios da Serra, Centeais e Castroportela, a pavimentación de camiños a servizos públicos e a varios barrios de Quiroga, o desbroce e limpeza dos camiños de acceso a todos os núcleos, o equipamento e a mellora en equipamentos infantís ademais da realización de pequenas infraestruturas.

Opinión da oposición

Pola súa banda, os concelleiros dos grupos da oposición que votaron en contra dos orzamentos argumentaron o seu voto no caso do grupo mixto (BNG) en que son uns presupostos “conservadores, como para ir tirando” e no caso do PSOE-PSdeG, en que se trata dos orzamentos máis complicados en canto ao gasto comparándoos cos de anos anteriores.

0.16635298728943