Ponse en marcha o programa do CulturON 2024, cunha ampla oferta cultural

RibeiraSacraXa
Na zona sur da provincia impúlsanse eventos en Chantada, A Pobra do Brollón, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada
CulturOn-Xunta-de-Galicia-sur-de-Lugo
CulturOn-Xunta-de-Galicia-sur-de-Lugo
4 Xul 2024

A Xunta de Galicia impulsa unha variada oferta cultural en 10 concellos das comarcas de Chantada, Quiroga e Terra de Lemos a través do programa CulturON 2024.

O delegado territorial, Javier Arias, presentou na Delegación Territorial os detalles da programación, que se prolongará ata o mes de setembro e abrangue espectáculos de teatro, música ou maxia pensados para todos os públicos.

Arias destacou a aposta pola descentralización deste programa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, con iniciativas en boa parte dos municipios da provincia e moi especialmente nas zonas rurais, en liña cos obxectivos da futura Rede Adival e da Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia.

Ademais, brinda ás industrias culturais galegas a oportunidade de amosar o seu traballo ao público en todo o territorio. Inclúe proxectos propios da Administración autonómica ou en colaboracións con diferentes institucións e entidades privadas, de xeito que a Xunta asume un papel proactivo na xeración de contidos para todo tipo de público, desde grandes eventos a outros de pequeno formato.

Na zona sur da provincia impúlsanse eventos en Chantada, A Pobra d0 Brollón, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.

Entre outros, organízanse actividades no marco da Mostra de teatro Maruxa Villanueva de Chantada, o festival dos Eidos e o Filandón de Músicas do Courel, o festival musical 17º Ribeira Sacra, o Sacra Festival ou a Feira do Libro de Monforte.

Ademais, figuran 14 funcións de teatro, unha decena de concertos e actuacións musicais, catro espectáculos de maxia e dous de novo circo.

O CulturON terá unha presenza continua nos medios de comunicación e en redes sociais cunha campaña destinada a informar á poboación sobre o programa.

0.18658995628357