Ponse en marcha en Monforte unha oficina especial de información e asesoramento dirixida aos regantes do Val de Lemos

RibeiraSacraXa
A iniciativa depende da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e nace coa finalidade de ofrecer apoio aos usuarios do sistema de rega
oficina-informacion-regantes-do-val-de-lemos
4 Jun 2026

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil vén de poñer en marcha unha oficina especial de información e asesoramento dirixida aos regantes do Val de Lemos, co obxectivo de atender consultas relacionadas coa xestión dos recibos do regadío.

Este novo servizo está pensado para dar resposta a dúbidas dos usuarios, así como para facilitar a revisión e corrección de posibles erros nos datos das parcelas ou da titularidade. Ademais, tamén prestará apoio na tramitación de recursos cando sexa necesario.

A oficina estará situada en Monforte de Lemos, na zona da Pinguela, dentro da sede da propia Confederación. En canto ao horario de atención, será de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas. A atención presencial poderá realizarse con ou sen cita previa, aínda que se recomenda solicitala para axilizar o servizo. Para iso, habilitáronse os teléfonos 988 399 402 e 988 399 408. Xunto á atención presencial, tamén haberá asistencia telefónica a través dos números 988 399 433, 982 404 200 e 982 418 414.

Con esta medida, a Confederación reforza o soporte administrativo aos usuarios do regadío do Val de Lemos, especialmente na xestión e revisión dos recibos.

0.10971403121948