Pilares, costura, pádel e zumba no programa Maiores Activos do Concello do Saviñao

RibeiraSacraXa
Os veciños do Concello do Saviñao aínda poden anotarse ata o vindeiro 20 de outubro nas actividades do programa Maiores Activo.
maiores ximnasia
19 Out 2023

Os veciños do Concello do Saviñao aínda poden anotarse ata o vindeiro 20 de outubro nas actividades do programa Maiores Activo. Entre as propostas atópanse clases de ioga, pilates, costura ou manualidades.

As clases de manualidades, que teñen un prezo de 15 euros ao mes, organizaranse en Escairón e Currelos. Pola súa parte, as de pilates e ioga, que serán dunha hora de duración, tamén terán lugar en Escairón, por un prezo de 16 euros.

O Concello tamén inclúe no programa actividades de memoria en Escairón e Currelos que terá un custo de 12 euros ao mes. Mentres, os venres de 18.00 a 20.00 horas tamén terán lugar as clases de pintura, que teñen un prezo de 25 euros ao mes. Todos os xoves durante unha hora os veciños tamén poderán xogar ao pádel en Escairón de forma gratuíta.

Ademais, outra das propostas está vinculada co mundo da informática e as novas tecnoloxías, para que os participantes aprendan o manexo do móbil, citas médicas ou redes sociais. Esta iniciativa ten un prezo de 20 euros ao mes.

progrma maiores activos saviñao
0.081767082214355