Pereiro de Aguiar retira colchóns, mobles e outros residuos abandonados en distintos puntos do municipio

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O servizo municipal de recollida actuou o pasado venres en varios puntos, lembrando a importancia de non deixar voluminosos xunto aos colectores
retirada_residuos_pereiro_de_aguiar
1 Sep 2026

O pasado venres, o servizo municipal de recollida de residuos tivo que intervir en distintos puntos de O Pereiro de Aguiar para retirar colchóns, mobles e outros voluminosos que foran abandonados na vía pública e xunto aos colectores. Varias imaxes difundidas amosan parte do material recollido durante esta actuación.

Dende o Concello insístese en que manter o municipio limpo é unha tarefa que depende da implicación de toda a veciñanza, e pídese encarecidamente evitar deixar este tipo de residuos fóra dos puntos habilitados, xa que o seu abandono na rúa xera problemas de imaxe, salubridade e organización do espazo público.

Para quen necesite desfacerse dun residuo voluminoso —como mobles, colchóns ou electrodomésticos— ou queira comunicar calquera incidencia relacionada coa limpeza do municipio, lémbrase que existe un teléfono específico habilitado para este fin: 685 08 98 86, correspondente ao servizo de Incidencias Pereiro.

O Concello sinala que os servizos de recollida funcionan con normalidade e que, coa colaboración de toda a cidadanía, é posible manter O Pereiro de Aguiar en boas condicións de limpeza e convivencia.

0.154217004776