Pantón acolle unha festa de Entroido co concurso de desfile de disfraces pola tarde e verbena pola noite

RibeiraSacraXa
Pantón celebra a súa festa de Entroido este sábado a partir das 16.
Pantón Entroido
Pantón Entroido
17 feb 2024

Pantón celebra a súa festa de Entroido este sábado a partir das 16.00 horas cun concurso e desfile de disfraces que sairá das inmediacións do colexio Monte Baliño acompañado de Baturruka Monforte e Charanga El Tattoo, e percorrerá as rúas da vila atas chegar a Praza do Concello, onde haberá chocolatada e baile.

Por isto, as persoas e grupos participantes deberán presentarse ás 15.30 horas na rúa que está enriba do colexio e logo serán premiados segundo a opinión dun xurado que estará composto por un representante de cada comparsa e unha persoa allea ás mesmas.

Os premios están repartidos en dúas categorías, a de adultos e a de infantil. Na de adultos, os grupos de 10 ou máis compoñentes recibirán tres premios, un de 350 euros, un de 200 euros e un terceiro de 150 euros; nos grupos de entre 5 e 9 compoñentes, recibirán un primeiro premio de 150 euros, un segundo de 125 euros e un terceiro de 100 euros; e nos grupos de 1 a 4 compoñentes recibirán premios de 100, 75 e 50 euros.

Na categoría infantil, os grupos de 10 ou máis compoñentes recibirán tres premios, un de 180 euros, un de 160 euros e un terceiro de 150 euros; nos grupos de entre 5 e 9 compoñentes, recibirán un primeiro premio de 100 euros, un segundo de 75 euros e un terceiro de 50 euros; e nos grupos de 1 a 4 compoñentes recibirán premios de 50, 40 e 20 euros.

Festa pola noite da man de Trece Roeis

Pola súa parte, a Asociación Cultural Trece Roeis de Pantón organiza outra festa de Entroido o vindeiro sábado 17 de febreiro ás 21.30 horas no colexio Monte Baliño para compartir cea e festa de disfraces.

Para amenizar a troula contarase cun DJ, Brais GZ e haberá premios para os tres mellores disfraces, sorteos e unha comida que incluirá chourizo e xamón curado, sopa de cocido, cocido galego e doces de entroido.

O aforo será de 200 persoas, polo que haberá sitio para moitos veciños e veciñas de Ferreira de Pantón que se queiran achegar a desfrutar da festa.