Os veciños e veciñas da Ribeira Sacra participan no programa Moves Singulares

RibeiraSacraXa
Os veciños e veciñas da Ribeira Sacra participan no programa Moves Singulares que promove a mobilidade eléctrica e sostible
medio ambiente
24 Out 2022

Sober vén de acoller un encontro no que o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, xunto co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra avaliaron a candidatura do proxecto de mobilidade sustentable, que se vai presentar á segunda convocatoria do programa Moves Singulares.

Esta iniciativa céntrase en incentivar proxectos destinados a promover a mobilidade eléctrica e sostible, para reducir as emisións de sustancias contaminantes e mellorar a calidade do aire que respiramos.

Deste xeito analizáronse os elementos necesarios para presentar a mellor candidatura posible deste proxecto vital para que veciños e visitantes da Ribeira Sacra poidan desprazarse de xeito limpo, eficiente e seguro por esta zona de grandes valores naturais, culturais e paisaxísticos. O proxecto, cun orzamento de 6 millóns de euros, busca a redución da presenza de vehículos privados a favor dun transporte colectivo eléctrico e a transformación do seu servizo recreativo: o catamarán turístico. Deste xeito, contempla o uso de barcos eléctricos, electrobarcas de paso, buses eléctricos e a dotación dos intercambiadores e pantaláns con puntos de recarga.

O impulso da mobilidade eléctrica é un dos obxectivos recollidos na Axenda Enerxética de Galicia 2030. Dende a Xunta estase a realizar un gran esforzo neste sentido, así o Consello vén de aprobar a ampliación ata os 40,5 millóns de euros do Plan Moves III co obxectivo de apoiar tanto a adquisición deste tipo de vehículos como a instalación de puntos de recarga.

0.18731594085693