Os veciños de Sober poden pedir axudas para rehabilitar as súas vivendas

RibeiraSacraXa
Os veciños de Sober poden pedir axudas para rehabilitar as súas vivendas con obras que poidan facerse ata decembro
Concello de Sober
Concello de Sober
15 Mar 2023

O Concello de Sober pon a disposición dos veciños unhas axudas para rehabilitar as súas vivendas no marco do Plan de Vivenda 2013-2016.

O prazo de solicitudes está aberto ata o 17 de marzo e para pedir información pódese acudir ao edificio do Concello de 9.00 a 14.00 horas.

As obras deberán executarse ata decembro, se non, non se poderán beneficiar destas axudas.

Para a realización da solicitude será necesaria a copia do DNI, a copia da declaración da renda do último ano, o orzamento das obras a realizar e a referencia catastral.

Solicitudes rehabilitación vivendas Sober
0.14391303062439