Os Seráns Culturais regresan á Teixeira con de teatro, música, cinema e festas populares

O Concello da Teixeira volverá apostar este verán polos Seráns Culturais cunha programación que combinará espectáculos, música, teatro, cinema e festas populares repartidas por diferentes puntos do municipio ao longo dos próximos meses.
As actividades inclúen actuacións e propostas para públicos de distintas idades, ademais de citas tradicionais que terán lugar en varias parroquias da localidade.
No apartado das festas populares, o calendario inclúe a celebración en Pedrafita o pasado 13 de xuño, mentres que o 11 de xullo será a quenda de Sistín e o 18 de xullo a de Monteedo. Pola súa banda, Bozado celebrará as súas festas os días 14 e 15 de agosto. Ademais, permanecen pendentes de confirmar as datas das celebracións previstas en Cristosende e Celeirós.
A programación cultural continuará o 10 de xullo ás 20.00 horas coa representación teatral ¿Coñeces a lenda de Pepaloba?.
O 17 de xullo ás 21.00 horas a música chegará coa actuación de Alexandre Cabanelas Trío, nunha cita centrada no jazz.
As propostas continuarán o 31 de xullo ás 19.00 horas co espectáculo Máis saaabor!, mentres que o 9 de agosto ás 19.00 horas terá lugar a actividade musical Pasodobre e festa.
A programación pecharase o 21 de agosto ás 22.00 horas coa proxección cinematográfica de Rondallas.
Ademais, entre o 1 de xullo e o 4 de setembro desenvolverase o campamento de verán destinado ás crianzas, en horario de 10.00 a 14.00 horas.