Os representantes dos Xeoparques Españois da UNESCO reúnense no Courel

RibeiraSacraXa
Preto de 40 representantes dos 15 Xeoparques Españois da UNESCO reuníronse estes días no Xeoparque Montañas do Courel para celebrar o encontro anual do Foro Español dos Geoparques.
xeoparque_montañas_do courel
xeoparque_montañas_do courel
28 Out 2023

Preto de 40 representantes dos 15 Xeoparques Españois da UNESCO reuníronse estes días no Xeoparque Montañas do Courel para celebrar o encontro anual do Foro Español dos Geoparques. Nesta ocasión leva por título a xuntanza organizouse baixo o nome A que saben los Geoparques Mundiales de la UNESCO en España.

Na tarde de este xoves, desenvolvéronse na casa da cultura varias mesas redondas abertas a todo o público. O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera Castro, o presidente do xeoparque, Roberto Castro, a alcaldesa de Folgoso do Courel e representantes da Deputación de Lugo e da Delegación da Xunta de Galicia foron os encargados de abrir a xornada.

Entre os temas que se abordaron atópanse as paisaxes gastronómicas; investigación, coordinación e servicios agroalimentarios e a promoción e difusión Agroalimentaria nos xeoparques.

Desde este mércores, os representantes dos xeoparques percorreron 14 lugares de interese das Montañas do Courel e mantiveron reunións de traballo para facer balance do traballo realizado neste 2023 e de cara á planificación das actividades a desenvolver en 2024.

0.19118189811707