Os picariños dos tres concellos do Xeoparque Montañas do Courel celebraron unha carreira como preludio do Quiroga Trail Challenge

RibeiraSacraXa
Os organizadores do Quiroga Trail Challenge, composto pola área de deportes do Concello de Quiroga e o Club de Montaña Montouto, promoveron unha proba para os máis pequenos da comarca co gallo de festexar o X aniversario do principal evento do trail running galego.
Carreira picariños Quiroga
23 Feb 2024

Os organizadores do Quiroga Trail Challenge, composto pola área de deportes do Concello de Quiroga e o Club de Montaña Montouto, promoveron unha proba para os máis pequenos da comarca co gallo de festexar o X aniversario do principal evento do trail running galego.

Así, planificaron unha carreira para todos os escolares dos tres centros educativos do Xeoparque que se celebrou no pavillón municipal de Quiroga por mor das condicións metereolóxicas, xa que ao principio ía ser no campo de fútbol.

A carreira contaba con varias distancias, adaptadas ás diferentes idades dos participantes, coa finalidade de promover este deporte nos máis pequenos e, ao mesmo tempo, en palabras dos responsables do evento, que comecen a sentir o espírito do Quiroga Trail Challenge como algo seu, da súa terra.

Nesta iniciativa participaron un total de 210 alumnos e alumnas procedentes dos centros dos tres concellos que conforman o Xeoparque Montañas do Courel, do CEIP de Quiroga, do CEIP de San Clodio e do CPI Poeta Uxío Novoneyra.

https://galiciaxa.com/2024/02/rsxa/sec-rsxa/cul-rsxa/250937/

0.19355201721191