Os organizadores do XI Quiroga Trail Challenge segue animando a centos de persoas a participar

RibeiraSacraXa
O evento deportivo desenvolverase os vindeiros 15 e 16 de febreiro no Xeoparque Montañas do Courel
Quiroga-Trail-Challenge-8
29 sep 2024

Os organizadores do XI Edición do Quiroga Trail Challengue seguen animando a todas as persoas deportistas da comarca da Ribeira Sacra, de Galicia e de fóra da comunidade a participar no evento do ano 2025.

A organización do evento, consagrado xa como proba líder das carreiras de montaña en Galicia, comunica que o 15 e 16 de febreiro de 2025 volverase gozar do incomparable marco que ofrece o Xeoparque Montañas do Courel e da comarca de Quiroga en todo o seu esplendor.

Nesta edición aparecen novas distancias que buscan os mellores percorridos e adaptarse a todos os gustos. En distancia ultra poderase escoller entre 83 ou 53 km, para os que queiran dar o salto a esta modalidade. Permanece a maratón de 42, o trail de 29 e o minitrail de 17 km.

Estrearase distancia de 10 kms, tanto o sábado coma o domingo: “as carreiriñas”, para aqueles que busquen iniciarse no mundo do trail ou, simplemente, gozar dun percorrido máis curto.

Tamén se manterá a andaina do sábado e as modalidades de circuíto: correr os dous días da fin de semana ou un único día de calquera dos dous.

0.10681891441345