Os novos axentes ambientais adscritos á Pobra do Brollón presentaranse este venres

RibeiraSacraXa
O Concello da Pobra do Brollón e os axentes ambientais do Distrito XVIII-Terra de Lemos convocan unha xuntanza para presentar o novo equipo de axentes ambientais adscritos ao Concello este 5 de abril ás 18.
monte A Pobra do Brollón
2 Abr 2024

O Concello da Pobra do Brollón e os axentes ambientais do Distrito XVIII-Terra de Lemos convocan unha xuntanza para presentar o novo equipo de axentes ambientais adscritos ao Concello este 5 de abril ás 18.30 na Casa da Cultura Olga Novo.

Esta iniciativa está dirixida a comunidades de montes, asociacións veciñais, asociacións culturais, sociedade cinexética, pedáneos e veciños/as do Concello en xeral.

Durante a xuntanza, trataranse temas como a presentación do novo equipo de axentes ambientais adscritos ao Concello, accións para fomentar un mellor aproveitamento dos montes e das parcelas forestais, accións para promover un contorno máis diverso, sostible e saudable e atractivo, accións para procurar, dende a xestión forestal e a prevención de incendios forestais, un Concello máis seguro; accións para achegar información sobre o eido forestal e a tramitación administrativa, minimizándolle os desprazamentos a poboación e accións para divulgar as limitacións e condición legalmente establecidas para que a xente as coñeza de maneira anticipada para evitar accións indesexables.

0.189857006073