Os máis pequenos de Bóveda aprenden sobre corresponsabilidade na biblioteca

RibeiraSacraXa
A actividade, protagonizada polos Bolechas, foi organizada pola Asociación Galega de Familias de Acollida
contacontos-corresponsabilidade-nenos-boveda
31 May 2026

A Biblioteca de Bóveda foi escenario dunha actividade de contacontos protagonizada polos Bolechas, centrada na corresponsabilidade e nas familias de acollida.

A iniciativa foi organizada pola Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo), coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Acollemento, que se celebra o 31 de maio.

A actividade enmárcase no Plan Corresponsables e conta con financiamento do Ministerio de Igualdade do Goberno de España e da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

0.11941385269165