Os Lactouros e Coureleando organizan unha ruta por Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
A asociación de micoloxía Os Lactouros, da man de Coureleando, organizan para o vindeiro 26 de febreiro unha ruta pola Ribeira Sacra, que pasará por Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón.
22 ene 2023

A asociación de micoloxía Os Lactouros, da man de Coureleando, organizan para o vindeiro 26 de febreiro unha ruta pola Ribeira Sacra, que pasará por Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón.

Esta ruta percorrerá o Cañón do Sil, o Miradoiro da Capela, o Castro do Castrelado e as adegas medievais de Vilachá, declaradas como Ben de Interese Cultural (BIC).

A hora de saída é ás 9.00 horas desde as Casitas, ao rematar a ruta os participantes comerán na Adega Val do Frade e estarán de volta no punto de saída ás 16.00 horas.

O encargado de guiar a ruta é Iván Álvarez, técnico deportivo de media montaña e arqueólogo experto nas rutas pola ribeira Sacra, quen recomenda aos participantes que leven roupa cómoda e abrigada para andar uns 14 quilómetros nunha ruta con desniveis de máis de 250.

Para participar dela, hai que inscribirse a través do número 671 473 982 e pagar unha cota de 17 euros que cobre os gastos da visita guiada, o seguro e o xantar.