Os interesados en formar parte do Mercado de Nadal de Monforte xa poden presentar as solicitudes

RibeiraSacraXa
Ábrese o prazo de inscrición para participar no Mercado de Nadal de Monforte de Lemos, que se celebrará na Praza de Abastos da cidade os días 22 e 23, e 29 e 30 de decembro de 2023.
mercado nadal monforte portada
29 Nov 2023

Ábrese o prazo de inscrición para participar no Mercado de Nadal de Monforte de Lemos, que se celebrará na Praza de Abastos da cidade os días 22 e 23, e 29 e 30 de decembro de 2023.

“Esta Campaña de Nadal na Praza de Abastos, ten como obxectivo principal fomentar as compras desta época nas tendas da nosa localidade, no noso comercio local, para elo queremos fusionar animación e ocio co comercio, nas instalacións dos mercados, como xa vimos de facer nas últimas edicións”, destaca o alcalde, José Tomé Roca.

O Mercado de Nadal é unha iniciativa do equipo de Goberno do Concello de Monforte, de apoio e impulso ao sector artesanal, comercial e social dos produtos locais que, a través destes eventos, son unha oportunidade para dar a coñecer os seus produtos e empresas.

Os interesados en formar parte deste Mercado de Nadal terán que presentar a solicitude, xunto coa documentación requirida nas bases, no Rexistro xeral do Concello de Monforte, na sede electrónica, así como a través do seguinte correo electrónico: emprego_pe@concellodemonforte.com ata o día 18 de decembro de 2023.

Desenvolvemento do Mercado de Nadal

O Mercado de Nadal contará con un máximo de 16 postos de venda e a convocatoria está dirixida a artesáns, produtores e comerciantes que vendan produtos, creación ou elaboracións de Nadal.

Durante estes días os monfortinos e as monfortinas, así como os visitantes da cidade, terán a posibilidade de coñecer as creacións de expositores de decoración propia da época, alimentación gourmet e artesanía.

Para favorecer que o Mercado se converta nun espazo de ocio para a familia, esta oferta compleméntase cunha completa programación de actividades de ocio e animación para todos os públicos.

0.082442045211792