Os grupos interesados en participar nos Cantos de Taberna de Quiroga aínda poden anotarse
As persoas interesadas en participar nos Cantos de Taberna de Quiroga aínda poden inscribirse.
Esta recuperación da música tradicional celebrarase o sábado 18 de marzo e ata o vindeiro luns, día 13 permanecerá aberto o prazo para que os grupos interesados realicen a súa inscrición.
Para que se leve a cabo esta actividade precísase un mínimo de seis grupos musicais e que cada grupo conte cun mínimo de cinco integrantes, agora mesmo hai cinco inscritos.
Unha das novidades desta edición é que se entregarán 150 euros a cada grupo participantes para que gasten nos establecementos aos que acudan. Os establecementos participantes, pola súa banda, comprométense a ter a disposición dos grupos tapas ou pinchos.
Está previsto que antes do comezo se reúnan os grupos participantes para darlles o itinerario do recorrido. A actuación en cada establecemento será de media hora e rematarase sobre a media noite cunha gran foliada de todas as agrupacións xuntas na zona dos pubs.
Os grupos interesados en participar poderán facelo a través do teléfono da Casa da Cultura o 982 43 51 25.