Os centros educativos de Monforte desfrutan de xogos interactivos co gallo do 25N

RibeiraSacraXa
Os centros educativos do concello de Monforte de Lemos desfrutan de xogos interactivos co gallo do 25 de novembro
CEIP COLEXIO NOVO monforte
24 Nov 2022

Dende o pasado luns 21, o Concello de Monforte ven de poñer en marcha varias actividades que a través da Concellería de Muller e Igualdade e o CIM, ideáronse para os centros educativos de primaria e secundaria de Monforte co gallo do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Dende a Concellería de Muller e Igualdade, sendo coñecedores de que para poder evitar a violencia de xénero é necesario fomentar e inculcar a educación no respecto así coma na igualdade de xénero, e que o traballo en idades temperás con mozos e mozas é a mellor opción para conseguir un progreso rápido e sostido no que respecta á súa prevención e erradicación, póñense en marcha tódolos anos actuacións cara o ámbito educativo.

Este ano nos centros educativos as actividades desenvoltas son xogos interactivos e unha proba de escapismo.

O xogo interactivo O Caso 25N vai dirixido ó alumnado de 6º de educación primaria. A actividade que consiste nun xogo de investigación interactivo dirixido a poboación  xuvenil, no que o alumnado participante ten que, por equipos, descubrir como a socialización diferencial interfire nas relacións humanas, podendo asentar as bases de condutas non igualitarias que favorezan actitudes e situacións de violencia. Para acadar o obxectivo do xogo o alumnado terá que usar o razoamento crítico e a lóxica no escrutinio de diferentes situacións, documentos ou elementos que se atoparán no transcurso da actividade.

A actuación é levada a cabo pola empresa Afouta S. Coop. Galega, a cargo de Sonia Fernández Bertólez e Ester Cano González, profesionais do Traballo Social con  especialización en xénero e igualdade e con experiencia en xestión de grupos, que empregarán unha estratexia de traballo participativa e baseada na adquisición conxunta de coñecementos e no adestramento de habilidades, co manexo das ferramentas e técnicas axeitadas e facilitadoras da posta en común de opinións, debates... para que o alumnado participante interiorice os contidos dun xeito dinámico, participativo e auto reflexivo.

A distribución das sesións será a seguinte: hoxe xoves 24 novembro estarán no  CPR PP. Escolapios en horario de 9.20  a 11.20 horas para os alumnos de  6ºA e de 11.30 a 13.30 para os de 6ºB e o luns 28 novembro no CEIP A Gándara de 10.05 a 12:05 e no CEE Infanta Elena de 10.05 a 12.05 horas.

Por outra banda, a proba de escapismo Reixeita o maltrato vai dirixido ó alumnado de 3º de ESO.

A  persoa encargada de levar a cabo esta actuación é Simón González Villanueva da empresa Territorio Comanche que traballará dunha maneira lúdica contidos relacionados coa violencia de xénero (a orixe da cor violeta, as irmáns Mirabal, os celos, a violencia de xénero na arte, ciber acoso, sexting, ciber dating...).

A actividade vai dirixida ao alumnado de 3º da ESO e cada sesión terá unha duración de 100 minutos.

Para levar a cabo o mesmo, o alumnado distribúese por equipos e conta cunha caixa forte, un criptex e fichas de traballo. Desenvólvese en catro partes: unha charla técnica de 15 minutos, unha proba de escapismo de unha hora e unha rolda de preguntas de 15 minutos.

Durante esta proba, a gravación con voz en off que se escoita ao longo de toda o obradoiro aporta información de interese sobre as nosas protagonistas. Nesta fase, os equipos enfróntanse a unha rolda de preguntas para reforzar os contidos traballados durante a proba de escapismo.

Os dous equipos con maior puntuación nas dúas fases anteriores enfróntanse a unha emocionante proba final denominada A Pirámide.

As sesións que faltan por desenvolverse terán lugar hoxe no CPR Ferroviario en horario de 9.00 a 10.40 h e no CPR Fundación Torre de Lemos de 11.45 a 13.25 horas.

IES RIO CABE monforte
0.16803693771362