Os Campamentos de Verán de Quiroga achegan a música tradicional aos máis pequenos da man da Fundación Legar

RibeiraSacraXa
Xavier Blanco e Martina Ferradás realizaron unha demostración interactiva con instrumentos tradicionais capaces de reproducir sons da natureza
campamento-quiroga-fundacion-legar
27 Aug 2026

Os nenos e nenas participantes nos Campamentos de Verán viviron unha xornada diferente coa visita da Fundación Legar, que lles permitiu achegarse á música de raíz e coñecer de primeira man diferentes instrumentos tradicionais.

A actividade, desenvolvida no entorno do Paseo Fluvial, foi impartida polos propios fundadores e músicos da entidade, Xavier Blanco e Martina Ferradás, que trasladaron parte da súa colección de instrumentos para realizar unha demostración interactiva.

Durante o encontro, a cativada puido coñecer e escoitar chifres, reclamos primitivos e outros artefactos elaborados con cana ou madeira, deseñados para reproducir sons presentes na natureza. Entre eles, instrumentos capaces de imitar o canto das aves, o son das ras e outras sonoridades do medio natural.

A actividade contou tamén coa presenza da concelleira de Educación e Infancia, Maite Pérez Grao, que se achegou ata o Paseo Fluvial para acompañar os participantes durante esta proposta dos Campamentos de Verán.

0.13919901847839