Organizan na Pobra do Brollón un obradoiro de teatro cómico e improvisado para todas as idades

RibeiraSacraXa
A actividade, impartida por Ousadías Improvisadas, terá lugar o domingo 28 de xuño
obradoiro-teatro-brollon
15 Jun 2026

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha actividade formativa e participativa aberta a todos os públicos, que terá lugar o último domingo do mes de xuño.

O obradoiro, impartido por Ousadías Improvisadas, centrarase no teatro cómico e na improvisación, ofrecendo unha proposta dinámica e práctica pensada para fomentar a creatividade e a expresión escénica dos participantes.

A actividade está dirixida a persoas de entre 8 e 99 anos, polo que se trata dunha iniciativa interxeracional aberta a público infantil, xuvenil e adulto.

As prazas son limitadas e será necesaria inscrición previa. As persoas interesadas poderán anotarse ata as 13:30 horas do 24 de xuño na Biblioteca Municipal da Pobra do Brollón, ou ben a través do teléfono 982 430 546.

0.12788891792297