O Xeoparque Montañas do Courel promove un concurso para redeseñar o seu logotipo

RibeiraSacraXa

O Xeoparque Montañas do Courel organiza un concurso de 'restyling do logotipo Montañas do Courel' porque din que "hai que levar a cabo un cambio de logotipo para adaptarse as novas normas que deben cumprir os logos dos Xeoparques Mundiais da UNESCO".

10 abr 2024

Por este motivo, lanzan un concurso aberto para seleccionar a que será a nova imaxe corporativa do Xeoparque, podendo presentalo ata o 29 de abril a través do correo electrónico info@ribeirasacracourel.es.

O logotipo deberá reflexar a identidade do Xeoparque, incluíndo as palabras 'Geoparque' e 'Montañas do Courel'; debe figurar unha referencia gráfica á representación dos pregos tumbados de Courel; o logo deberá ter as versións en castelán, galego e inglés e non poderá figurar a palabra UNESCO.

A persoa que gañe o concurso recibirá 1.000 euros e un recoñecemento oficial durante a celebración da Semana Europea dos Xeoparques 2024.