O VIII Encontro de Corais celebrarase na Pobra do Brollón o vindeiro 20 de abril

RibeiraSacraXa

A Pobra do Brollón acolle o vindeiro 20 de abril ás 20.

Encontro de Corais A Pobra do Brollón 2023
Encontro de Corais A Pobra do Brollón 2023
12 abr 2024

A Pobra do Brollón acolle o vindeiro 20 de abril ás 20.30 horas o VIII Encontro de Corais, un encontro de bandas corais no que participarán tres agrupacións.

Así, a Coral polifónica Escola de Música Samoeiro da Pobra do Brollón, a Coral Polifónica de Quiroga e a Coral polifónica do Centro Sportivo de Ponteareas serán as protagonistas deste evento.

As persoas interesadas en desfrutar desta iniciativa poderán facela de maneira gratuíta achegándose á Casa da Cultura 'Olga Novo' o vindeiro domingo, 20 de abril.