O VII Campus Carolina Camino reuniu en Quiroga a unha vintena de participantes

Quiroga acolleu esta semana a VII edición do Campus de Voleibol Carolina Camino, unha actividade deportiva que volve levar o nome da xogadora quiroguesa, encargada tamén de dirixir os adestramentos da vintena de nenos e nenas inscritos. O campus está dirixido a participantes de entre 6 e 16 anos e desenvólvese en horario de 10.00 a 13.30 horas
Ao mesmo tempo, o departamento de Deportes do Concello porá en marcha unha nova edición do Campus de Fútbol, que este ano alcanza a súa XVIII edición. O campus celebrarase entre os días 13 e 17 de xullo no campo de fútbol San Martiño e nas instalacións das piscinas municipais, tamén en horario de 10.00 a 13.30 horas.
A actividade está destinada a rapaces e rapazas de entre 7 e 16 anos. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura ata o 10 de xullo. O prezo do campus será de 35 euros para os participantes nas escolas deportivas municipais e de 60 euros para o resto de inscritos. A matrícula inclúe unha camiseta técnica.