O Verán en Igualdade regresa a Ribas de Sil con actividades para os máis perquenos

RibeiraSacraXa
Darán comezo o 1 de xullo e estarán destinadas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos
Actividades-Ribas-de-Sil-verán
28 Jun 2026

O Concello de Ribas de Sil organiza os Obradoiros de Verán “Verán en Igualdade 2026”, unha proposta dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que busca ofrecer alternativas de lecer durante o período estival.

A actividade comezará o 1 de xullo de 2026 e está concibida como un espazo de xogos, aprendizaxe e convivencia, no que se fomentará a igualdade e a participación dos máis pequenos e pequenas.

As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar as inscricións nas oficinas municipais. Tamén está dispoñible o teléfono de contacto 672 357 890 (Mari) para resolver dúbidas.

0.12427592277527