O Trece Roeis Fest tivo unha xornada de récord no seu primeiro día de celebración

RibeiraSacraXa
Os organizadores do Trece Roeis Fest presumiron dunha "xornada de récord" durante o primeiro día deste evento de música que tivo lugar en Ferreira de Pantón.
Trece Roeis
21 Ago 2023

Os organizadores do Trece Roeis Fest presumiron dunha "xornada de récord" durante o primeiro día deste evento de música que tivo lugar en Ferreira de Pantón.

Así, nun comunicado agradecer ao público e a todas as bandas "os bolazos, e sobre todo a amabilidade ante os pequenos contratempos, xa que TIAM Gz non puideron realizar o segundo pase por mor das catro gotas que viñeron, sendo unha decisión estritamente de seguridade", explicaron.

Por outra banda, desde a organización queixáronse da situación que se viviu na zona de descanso, na que a xente estaba montando festa, unha situación que "non imos tolerar e permitir que se enturbie o descanso da xente na acampada". Así, sostiveron que "a zona de descanso é un espazo de descanso" e durante o día seguinte, estiveron máis atentos ao que sucedía nela.

Colaboración da Deputación de Lugo

Pola súa parte, o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou na apertura do Festival Trece Roeis e destacou a importancia desta cita, á que a Deputación de Lugo achega 7.260 euros porque contribúe a “dinamizar económica e socialmente” o municipio e a súa contorna.

“Dende a institución provincial apostamos por iniciativas que favorezan un turismo de calidade, sostible e de experiencias, con capacidade para atraer visitantes todo o ano, que coida a riqueza patrimonial e xera emprego, sobre todo no rural”, asegurou o deputado.

Trece Roeis
0.19399905204773