O Trece Roeis Fest celébrase este venres e sábado en Pantón

RibeiraSacraXa
O cartel definitivo do Festival Trece Roeis acolle 18 grupos de música de rock que actuarán os vindeiros 18 e 19 de agosto
Trece Roeis 2022
Trece Roeis 2022
17 Ago 2023

Volve o Festival Trece Roeis a Pantón este venres 18 e o sábado 19 para facer desfrutar a todas as persoas que participen del e que dispoñerán de autobuses desde Monforte para chegar a Ferreira de Pantón, onde terá lugar esta edición.

Entre os grupos e artistas rockeiros que actuarán o venres 18, estes serán Reincidentes, Kaotiko, Lamatumbá, Catuxa Salom, Lucía Aldao, Tiam GZ, The Poet's Silence, Enxeito e Tirapralá.

Xa o sábado, 19 de agosto, darán o seu concerto SFDK, Auxili, Benito Kamelas, Tribade, Sofía Espiñeira, Tregua, Festicultores Troupe, Monoulious Dop, Uxía Lambona e a Banda Molona.

Ademais destas actuacións musicais, durante o festival haberá feira de produtos, presentacións literarias, catas de viño, degustacións gastronómicas, actividades infantís e obradoiros que encherán Pantón de diferentes iniciativas para todos os públicos.

0.16998195648193