O tema do catastro e as limpezas das fincas serán os asuntos principais dun acto do BNG de Quiroga

RibeiraSacraXa
O tema do catastro e as limpezas das fincas serán os asuntos principais dun acto do BNG de Quiroga para o vindeiro 29 de abril
traballos desbroce
traballos desbroce
24 Abr 2023

O vindeiro sábado 29 de abril o BNG de Quiroga organiza un acto público no Centro Social de Campos de Vila ás 20.00 horas para dar a coñecer máis ao detalle temas que interesan aos propietarios e propietarias de fincas.

Así, desde a agrupación política queren achegarse á veciñanza e ao rural "para detectar necesidades e para ofrecer asesoramento e información sobre temas concretos".

Neste caso, tratarase o tema do catastro e as limpezas de fincas da man do avogado Miguel Vieito Vilar para resolver dúbidas e problemas de xestión da propiedade no rural galego.

Así, os obxectivos desta charla son dar a coñecer os aspectos máis importantes do catastro e das limpezas obrigatorias de terreos para a prevención de lumes, saber as obrigas e dereitos que contemplan as normativas aplicables e escoitar á veciñanza para resolver dúbidas que se presenten.

A presentación será a cargo de Xosé Manuel Fernández, concelleiro e candidato á Alcaldía nas vindeiras eleccións, quen tamén fará de moderador no coloquio final do acto.

0.18721508979797