O teatro chega ao Saviñao coa representación dunha comedia da man do grupo Viraventos

RibeiraSacraXa
O Circuíto de Teatro Afeccionado impulsado dende a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega esta semana ao Saviñao.
viraventos teatro
viraventos teatro
29 Nov 2023

O Circuíto de Teatro Afeccionado impulsado dende a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega esta semana ao Saviñao. O Grupo Viraventos representarán a peza A cegueira de Cupido, porque o amor nunca é o que parece o vindeiro 2 de decembro ás 19.30 horas no auditorio do Concello.

Trátase dunha comedia de enredo dunha hora para público adulto escrita pro Candela López e Marcos Vázquez e dirixida por Candela López e Marcos Vázquez. A representación achega catro historias independentes sobre as relacións de parella, que aínda que nun primeiro momento non teñen nada que ver, acaban enredándose e mesturándose as unhas coas outras.

Unha sucesión de acontecementos surrealistas e absurdos, serven para mostrar como ás veces as relacións están marcadas por estereotipos sociais que non nos deixan actuar libremente polo medo ao que dirán. De seguro que o público se sentirá identificado con algún dos personaxes da obra, sempre desde a perspectiva do humor.

0.19392204284668