O servizo 'Xantar na casa' chega ao Saviñao para repartir menús saudables aos máis necesitados

RibeiraSacraXa
O servizo 'Xantar na casa' chega ao Saviñao para repartir menús saudables aos máis necesitados
Xantar Sober
Xantar Sober
7 feb 2023

O programa 'Xantar na casa' da Xunta de Galicia chega ao concello do Saviñao, ao asinar un convenio a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e o alcalde, Juan Carlos Armesto.

O servizo, que permite levar menús saudables e equilibrados para todos os días da semana aos fogares dos veciños desta localidade que o precisan, beneficiará a unha vintena de veciños do Saviñao.

A finalidade deste programa é garantir que calquera maior que viva só, sexa unha persoa dependente ou atrevese unha situación complicada e corra risco de exclusión reciban nas súas vivendas unha comida san e adaptada as súas necesidades.

A comida repartirase nos domicilios nunha única entrega para todos os días da semana, polo que o destinatario soamente ten que quentala antes de consumila.

Aos usuarios do programa tamén se lles facilitan os electrodomésticos que necesiten no caso de que careza deles, como neveira e microondas.

A Xunta encárgase de financiar o 50% do custe da comida, que é de 6,60 euros por menú. Os usuarios soamente pagan 1,76 euros por cada menú, mentres que outro tanto é asumido polo Concello.