O serrado tradicional da madeira volveu a protagonizar a ponte de maio no Courel

RibeiraSacraXa
A Asociación Fonte do Milagro organizou o pasado venres unha nova edición da Festa da Serra da Madeira de Froxán
festa-da-serra-da-madeira
4 May 2026

A Asociación Fonte do Milagro organizou o pasado venres, 1 de maio, unha nova edición da Festa da Serra da Madeira de Froxán, unha mostra sobre o serrado tradicional da madeira no Courel.

Os asistentes puideron desfrutar dunha demostración do marcado e serra da madeira, unha actividade que, ademais, tivo un carácter participativo, convidando a público a participar nesta iniciativa. Ao rematar, houbo animación musical a cargo de Quico Cadaval e servizo de comida e bar durante toda a xornada.

0.12057209014893