O Saviñao recollerá a vindeira semana os plásticos agrícolas

RibeiraSacraXa
O Concello recollerá estes plásticos nas explotacións agrícolas e gandeiras que así o soliciten, os días 16 e 17 de febreiro
8 Feb 2021

O Concello do Saviñao realizará, o martes 16 e mércores 17 de febreiro, a recollida a domicilio de plásticos de procedencia agrícola.

As explotacións agrícolas e gandeiras que queiran facer uso deste servizo teñen que comunicalo con anterioridade chamando no Concello ou chamando ao teléfono 982 45 20 61.

Desde o Concello lembran que non se recollerán cordóns nin outro tipo de plásticos que non sexan agrícolas.

 

0.14556884765625