O Saviñao comeza unha semana dedicada ao viño para celebrar a Festa da Vendima da Ribeira Sacra 2026

GaliciaXa | RibeiraSacraXa
A programación comeza este luns e culminará o domingo 30 de agosto, día grande da celebración, con catas, gastronomía, xogos tradicionais e actividades para todos os públicos
festa-da-vendimia-o-saviñao
24 Aug 2026

O Saviñao inicia este luns, 24 de agosto, unha intensa semana de actividades con motivo da Festa da Vendima da Ribeira Sacra 2026, que se desenvolverá ata o domingo 30 de agosto, día grande da celebración. A programación combina música, patrimonio, formación, gastronomía e tradición arredor da cultura vitivinícola da Ribeira Sacra.

A primeira cita será este luns, ás 20.00 horas, no Auditorio Municipal, cun concerto da Filharmónica de Monforte. O martes, 25 de agosto, a programación trasladarase ao territorio vitivinícola do municipio con visitas guiadas ás Adega Pilares de Belesar e Adegas Moure. A actividade require inscrición previa e a saída está prevista ás 11.00 horas desde o Concello.

O mércores 26, ás 20.00 horas, o Auditorio Municipal acollerá a charla divulgativa “Da tradición á precisión”, a cargo de Antonio Lombardia e Adrián Rodríguez. Ao día seguinte, no mesmo horario e escenario, será a quenda da charla-coloquio “Turismo e futuro da Ribeira Sacra”, impartida por Pepe Mouriño.

A programación continuará o venres 28 cunha nova proposta para coñecer o patrimonio e a paisaxe do municipio. Ás 11.30 horas partirá desde o Concello un percorrido guiado polo Ecomuseo de Arxeriz e os miradoiros do Cabo do Mundo I e II, tamén con inscrición previa.

A partir das 20.00 horas, terá lugar a apertura oficial da festa, que correrá a cargo do delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares. A música tomará posteriormente o protagonismo coa actuación da Charanga Os Sureños, ás 20.15 horas, e o concerto de Gin Toni’s, ás 21.00 horas.

O sábado 29 será outra das xornadas destacadas da Festa da Vendima, cun programa que combinará actividades relacionadas co viño e a cultura tradicional con propostas musicais.

Ás 12.00 horas celebrarase o obradoiro de cata de viños e uvas “Memoria do Saviñao”, impartido por Mariña Fernández Toro e con inscrición previa. A actividade desenvolverase ata as 13.30 horas no stand multiusos.

Durante a mesma xornada tamén se poderá participar nun obradoiro de artesanía, centrado no torno e o tecido, que estará aberto de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, os xogos tradicionais galegos completarán a programación.

A música estará presente ao longo de todo o día. Ás 12.30 horas actuará a Charanga Bamboleo, ás 20.00 horas será a quenda de Los Camachuelos e ás 23.00 horas chegará a actuación de Treixadura.

A celebración alcanzará o seu momento principal o domingo 30 de agosto, cunha programación centrada especialmente na gastronomía e nos viños da Ribeira Sacra.

Durante a xornada poderase participar na actividade “Tapea con ternera galega e viños galegos con DO Ribeira Sacra”, con inscrición previa nos horarios de 12.00 a 12.45 horas e de 14.00 a 14.45 horas. Tamén se organizará unha cata de viños con DO Ribeira Sacra, entre as 13.00 e as 13.45 horas, e outra proposta que combinará viños con DO Ribeira Sacra e queixos galegos, con quendas de 18.00 a 18.45 horas e de 19.00 a 19.45 horas.

Os xogos tradicionais galegos volverán formar parte da programación a partir das 17.00 horas, completando unha xornada dedicada a poñer en valor a cultura vitivinícola, a gastronomía y las tradiciones del Saviñao.

0.10736799240112