O Saviñao celebra esta noite a Festa da Xuventude na Praza Maior de Escairón

RibeiraSacraXa
A Gramola, El Aserradero After by Monoloco e a Charanga Os Pendellos poñerán a música nesta edición
festa-da-xuventude-o-saviñao
6 Jun 2026

A Praza Maior de Escairón, no concello do Saviñao, converterase o vindeiro 6 de xuño nun punto de encontro para a mocidade coa celebración da Festa da Xuventude, unha cita pensada para gozar da música e do lecer nocturno.

O evento dará comezo ás 21:00 horas e contará cun programa musical variado. Sobre o escenario actuarán en directo A Gramola, El Aserradero After by Monoloco e a Charanga Os Pendellos.

Ademais da música, a organización prevé habilitar unha zona de foodtrucks, ampliando así a oferta de lecer cun espazo gastronómico para os asistentes. A programación inclúe tamén outras sorpresas ao longo da noite.

A Festa da Xuventude preséntase así como unha proposta para dinamizar a vida social en Escairón e ofrecer unha alternativa de ocio para veciñanza e visitantes.

0.12127304077148