O Saviñao acollerá diversas actividades para conmemorar o 8M, Día da Muller

RibeiraSacraXa

O Concello do Saviñao organiza unha serie de actividades co gallo do 8M, Día Internacional da Muller, que durarán ata finais de marzo.

8M O Saviñao 2023
8M O Saviñao 2023
6 mar 2024

O Concello do Saviñao organiza unha serie de actividades co gallo do 8M, Día Internacional da Muller, que durarán ata finais de marzo.

Así, a primeira delas é a participación dos veciños e veciñas nun concurso de debuxo co tema Mulleres e nenas que moven o mundo. As persoas interesadas poderán mandar as súas creacións ata o vindeiro día 15.

Xa o día 8 de marzo terá lugar unha concentración e lectura do manifesto do Día da Muller, día no que tamén se acenderá a fachada do Concello de cor violeta para visibilizar o mes da muller.

O sábado 9 terá lugar unha andaina circular de 10 km desde Escairón ata o Ecomuseo de Arxeriz con visita guiada e volverán a Escairón, onde comerán uns pinchos nunha carpa no Concello.

Por último, o día 12 ás 10.00 horas, terán lugar uns obradoiros de igualdade nos que participarán os alumnos e alumnas do CPI Dr. Lópe Suárez.