O salón de actos do Concello de Ribas de Sil acollerá a representación teatral da obra 'Nunca é tarde para o amor'

RibeiraSacraXa
O grupo de teatro Augas do Sil de Ribas de Sil representará este sábado, 12 de agosto, a súa obra "Nunca é tarde para o amor", unha comedia que fará rir a todo o público.
Augas do Sil Ribas de Sil
Augas do Sil Ribas de Sil
11 ago 2023

O grupo de teatro Augas do Sil de Ribas de Sil representará este sábado, 12 de agosto, a súa obra "Nunca é tarde para o amor", unha comedia que fará rir a todo o público.

Esta iniciativa terá lugar a partir das 21.00 horas no salón de actos do Concello de Ribas de Sil, que cede as súas instalacións para que este grupo de afeccionados ao teatro e veciños do municipio poidan representar a súa obra despois de moitas horas de esforzos.

Todas as persoas interesadas en participar e ver esta obra obra poderán facelo, xa que a entrada é libre e gratuíta para todos os públicos, que poderán desfrutar dun espectáculo teatral dos seus concidadáns.